miércoles, 1 de abril de 2020

Aniversario no medio da tormenta. A farmacia Torres de Ortigueira cumpre 125 anos.

.

Pouco hai que celebrar estes días en que Ortigueira, Galicia, España, e en xeral o mundo enteiro, está afectado por unha epidemia de coronavirus, a chamada COVID-19. Pero celebrar é tamén lembrar, e isto é o que trataremos de facer nesta entrada de urxencia.
O 1 de abril de 1895 abría as súas portas en Mera (Ortigueira) a farmacia do licenciado Pascual Torres Crego, que terminara os estudos na facultade de Farmacia en Santiago, na vella Fonseca, en 1893.
Mera (Mera de Abaixo, ou Santiago de Mera) era daquela unha pequena poboación que se vira beneficiada pola construción da estrada da Costa, entre Liñares (Neda) e Ortigueira en 1865, que incluía unha ponte de pedra sobre o río Mera, establecendo alí un cruce estratéxico, pois dalí partía a estrada a Cariño, terminada en 1883. De feito a localidade contaba varios profesionais que reflexaban esta importancia: un médico e un notario.

Pascual Torres Crego

Evolución diacrónica da farmacia Torres. Podemos dividir este recorrido vital en 4 periodos:
  • Pascual Torres Crego. 1895-1933
  • Etapa de rexencia. 1933-1949, coDolores Pajón Sanjurjo, viúva de Pascual Torres, como titular. 
  • Alfredo Torres Pajón. 1949-2008
  • Xosé María Torres Bouza: 2008-actualidade

Etapa de Pascual Torres Crego. 1895-1933
Pascual era fillo de Antonio Torres Rodríguez (Betanzos, 1830), comandante de Infantería de Mariña, pero que xa falecera en 1889, e de Antonia Crego Pardo (1836-1902), natural de Cuiña (Ortigueira); isto último pode darnos unha idea de porque Pascual Torres decideu instalar a súa farmacia en Ortigueira.
Pascual tiña varios irmáns: Antonio (nac. ?? ), Manuel (nac. en 1858 e emigrado a Cuba), e Alfredo (1864-1884), todos falecidos ou ausentes en 1895.

Nese momento había poucas farmacias no concello: unicamente a de Pedro Castiñeiras Villarnovo, insigne artista, fundada en 1875, e a de Juan López García (A Guarda, 1864), curiosamente compañeiro de estudos de Pascual, e que abrira unha farmacia na propia vila de Ortigueira o 20 de febreiro dese mesmo ano, aínda que estaría pouco tempo, pois a cerraría en 1900. San Claudio, que tiña farmacia desde 1800, quedara sen ela tras falecer o farmacéutico Inocencio Díaz e Gutiérrez en 1866; en canto ao porto de Cariño non contaba con ningunha (e non a habería ata 1931)
Sinatura de Antonio,
irmán de Pascual Torres Crego

Tempo haberá para falar de Pascual, que en 1897 trasladaría a farmacia á ubicación actual, na avenida Escola de Gaitas de Ortigueira, pero ven ao fío indicar que sen dúbida a súa vida estivo marcada por outro virus, o da poliomielite (non descuberto daquela, claro; non foi identificado e aislado ata 1908 por Karl Landsteiner e Erwin Popper). Era, por certo, un virus ARN, como o actual coronavirus SARS-CoV2. A polio ocasionaríalle a Pascual unha parálise infantil na perna dereita, que tiña menor lonxitude e musculatura que a esquerda. Era por tanto coxo e andaba con muletas axilares.
Tertulia familiar na farmacia:
Ana Mª Bouza (esposa de Alfredo),
Carmiña Casariego (sobriña e farmacéutica),
e Lolita e Charo Torres (ano 1953)

Tamén podemos sinalar, neste tempo de pandemias, que Pascual viviu a chamada gripe española ou gripe do 18, como el mesmo escribiría anos despois nun escrito ao concello, para protestar por unha tropelia, unha inxustiza cometida con el:

«Que cuando la epidemia gripal –año 1918- invadió a los habitantes de este distrito, estuve expuesto al contagio porque mi activa actuación, durante cuarenta días que duró en su mayor intensidad la peste gripal, no me permitió descansar más de cuatro horas de las veinticuatro del día, para atender a los que reclamaban mi auxilio profesional, entre los que figuraban muchísimos pobres, que por no estar incluidos en las Listas de la Beneficencia Municipal, dispensé medicamentos que el médico prescribía para la curación, sin retribución alguna... ya que la misión que me está encomendada por mi profesión, así lo exigía”».

Unhas palabras que nos fai estar orgullosos da estirpe dos Torres. Sobre o seu carácter, algo máis podemos vislumbrar na descrición que fai o seu bisneto Carlos López-Keller Álvarez
«Tiempos de dictadura, más tarde República. Tiempos de discusiones, tertulias y cenáculos. Vemos a D. Pascual Torres, hombre inteligente, boticario, republicano, progresista y ateo...»
(Homenaje a Laureano Álvarez. Concello da Coruña. 1999)


Etapa de rexencia 1933-1949
Rosario Torres Pajón

Durante esta etapa, a farmacia estivo tutelada polos seguintes rexentes:
  • Santos Galán Arrabal, de 1933 a 1934. Un señorito ferrolano.
  • Antonio Cotovad García-Parallé. 1934 a 1938. Grandísima e altruista persoa.
  • José Deus Fernández. Maio-agosto de 1938, natural de Mugardos
  • Marcial Lens Pita, de 1938 a 1945. Ortigueirés de nacemento, culta e exemplar persoa.
  • María Luisa Lema Pintos, de 1945 a 1949. Pioneira e altruista persoa.
Sen embargo, a verdadeira responsable da Farmacia sería Rosario Torres Pajón, unha das fillas maiores (xemelga de Guadalupe, e nacidas ambas en 1908), que tiña 25 anos cando falece seu pai. Non puido estudiar farmacia, pese a que Juan Barreiro, amigo de Pascual Torres e titular dunha importante farmacia en Ferrol, ofrecéralle sufragar os gastos dos seus estudios. Da calidade humana da tía Charo podemos vislumbrar algo nestas precisas palabras:
En la farmacia de Torres, Charo sube y baja infatigable los escalones de la rebotica con pomadas, vitaminas y jarabes que deposita en el mostrador, para abrazar al recién llegado, curado de tantas y tantas heridas –caídas de la bicicleta, pedradas, alguna de la propia retaguardia…- con tintura de yodo, pero sobre todo con la milagrosa ternura de su inolvidable sonrisa…”
(Ramón Farré. La Voz de Ortigueira, 18.02.2000)
Rosario Torres falece en 1988.


Alfredo Torres en 1987

Etapa de Alfredo Torres Pajón. 1949-2008

Alfredo estudia Farmacia por indicación familiar e desempeña a profesión farmacéutica durante 59 anos, en diversas facetas: como boticario principalmente, pero tamén como analista clínico -conseguiría verse recoñecido como farmacéutico Especialista nos anos 80-, como Inspector Farmacéutico Municipal durante os anos 70 e 80. Todo iso levaríao a desempeñar postos na Xunta Directiva do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña nos anos 60, 70 e 80, que deixarían unha impronta nesa institución.
Algún merito tería cando a Asociación de Antiguos alumnos da facultade de Farmacia de Santiago o distinguiu coa distinción de Farmacéutico Exemplar en 1987.
Outras facetas menos coñecidas serían a desempeñada no ámbito xudicial (seguindo a estela de seu pai, que exerceu no mesmo ámbito) como fiscal municipal no xulgado de Ortigueira.

Tería tamén un importante labor no ámbito social en Ortigueira como profesor de ensinanza media, durante máis de 25 anos. Sería primeiro na Academia de D. Jesús Márquez Cortiñas, entre 1949 e 1965 e despois noutra Academia -entre 1966 e 1975- impulsada por varios pais de familia, e na que tivo unha importante participación.
Noutro lugar se ten falado xa da súa faceta de divulgador botánico e investigador afeccionado sobre a historia de Ortigueira. De todo iso anotamos simplemente a sua obra "Las ortigas. Una revisión interesada", publicada por edicións O Paporroibo en 1994.
Para non estender esta reseña, apuntamos só as palabras, amables e cariñosas, da escritora Obdulia Dopico:

«Era un boticario excepcional que trabajaba como una hormiga en su rebotica, escribiendo, indagando, leyendo, buscando... un enamorado de Ortigueira y de la Cultura en el más amplio sentido de la palabra...
Tenía siempre la justa palabra de aliento, una sonrisa en los labios, pero una firmeza y una seriedad muy particular cuando se trataba de trabajo, que le gustaba bien hecho. Colaborador entusiasta de cuanto evento cultural se preciara, nunca dijo no a su participación, y de esa casta humana vamos aprendiendo...»

(La Voz de Ortigueira, 3 outubro 2008)



Etapa de Xosé Mª Torres Bouza. 2008-actualidade

Non ten, para a perspectiva histórica deste 125 aniversario, maior interese esta etapa, na que Xosé María se fai cargo da farmacia familiar ao falecemento de seu pai, Alfredo. Xa falecera en 2004 o outro irmán farmacéutico, Carlos Torres, polo que había poucas dúbidas de quen collería o temón.
Xosé María Torres na sede central
de Farmamundi en Paterna (Valencia),
no ano 2014

Referente á ubicación da farmacia en si, salientar que o edificio onde se situaba foi reconstruido en 2015, pasando a ampliar a sua superficie e a modernizar as súas instalacións.

En canto a Xosé María, por sinalar algunha característica da sua vida: experiencia laboral na industria farmacéutica e na educación como profesor de Ciclos Formativos de FP. Xa noutros ámbitos, apuntar o seu interese no mundo solidario, participando como membro da ONG Farmamundi e na Coordinadora galega de ONGD (da que foi presidente entre 2005 e 2011), e a súa faceta como amante da Cultura. Así tivo un papel no nacemento da Revista Terras do Ortegal en 2014, hoxe un anuario consolidado no que se difunde a xultura e o patrimonio do Ortegal.



As empregadas da Farmacia


Nada se pode facer só, e nunha farmacia menos. Alén dos titulares sempre hai outras persoas que compoñen o equipo da farmacia. Desde o xa lonxano Manuel Pérez Hermida, nacido en Ferrol, e que acompañaría en 1895 ao seu "principal" (así o escribe el nunha dedicatoria) Pascual Torres en Mera, moitas persoas colaboraron na farmacia: desde os irmáns Torres Pajón: Pascual, Antonio, Manolo e Santiago; a esposa de Alfredo, Ana María, e os fillos de ambos: Alfredo, Ana María e Carlos, seguidos de farmacéuticas e auxiliares que traballaron en cortos periodos, ata chegar ás as 2 persoas que conforman hoxe o espléndido equipo da Farmacia: as auxiliares Carmela Díaz Mera María Bouza Campanario. Carmela comezou a traballar o 1 de abril de 1993, polo que esta data é tamén outro motivo de celebración: 27 anos de traballo. María comezaría a traballar algo máis tarde, pero tamén supera os 20 anos de servicio.



A todas, a todos os que colaboraron na xa longa historia desta farmacia de Ortigueira, grazas e parabéns!









La crisis del fentanilo en EE. UU.

El fentanilo es un fármaco analgésico derivado del opio. En los últimos años, su uso ilegal y su alto poder adictivo está conduciendo en EE...