![]() |
Grupo oficial dos celebrantes (Foto Francisco Bouza) |
hai unha pomba dourada,
quen poidera namorala!
quen poidera namorala!
meu amigo!
A voz vibrante de Antonio Carrodeguas saía do Galaripos enchendo na madrugada do pasado sábado, 18 de agosto, o Cantón coa música de Luís Emilio Batallán ("Aí ven o maio", 1975) e coa letra da poesía neotrovadoresca de Álvaro Cunqueiro –efímero ortigueirés-. Pero vaiamos ao principio.
Convocados con procedimientos máis informais que na celebración dos 50, alá por 2008, un grupo de orteganos reunímonos para pasar un rato agradable, reirnos dos nosos males e para criticar ao goberno, como dicían Tip e Coll. O programa marcaba como punto de reunión a praza de Isabel II, ao lado das escaleiras míticas da Igrexa, ás 8 da tarde; pero chegaban ao grupo de guasap mensaxes de que algúns (Lourdes e Ricardo) irían directamente ao restaurante, que outros aínda regresaban dun paseo por Morouzos (Loli Torres e Nano), mentres Fina pedía confirmación da hora... co que por aclamación se retrasou o comenzo ata as 9.
![]() |
Grupo de cumplidores e parellas.
(Foto: Francisco Bouza)
|
![]() |
No Galaripos (Foto: Toñito) |
Fagamos diagnóstico de caras e anatomías: estado xeral bo, incluso moi bo! Xa a parte masculina canosa, como a perilla de José Luis Fojo e algunha alopecia nada disimulada, como a de Santiago Sierra; mentras as representantes femeninas, sempre moi lucidas e estilosas, con Mary Camiña como única con pelo branco.
A foto de grupo foi efectuada por un espontáneo -Francisco Bouza Buceta- que paseaba por alí, e que tal vez puidera unirse ao noso grupo, o dos nacidos en 1958, do que se librou só por nacer 16 días despois. Primeiro a foto dos celebrantes, e despois tamén cos acompañantes... nas que non puideron entrar Lourdes e Ricardo, nin Patro, pero sí Alfonso Bouza e Amalia, que a pesar da lonxanía da súa casa (?!) chegaron a tempo in extremis. Todo baixo a atenta e respectuosa mirada do grupo dos que celebraban -se se pode dicir así- o seu 51 cumpreanos, acuartelados na zona superior da praza, nos dominios do Pub Paralaia, onde aínda resonaban os acordes de inspiración céltica de Harmonica Creams, o fenomenal grupo xaponés que marabillou no concerto do día anterior. Celebrar os 51? Bueno, sinal de que o ano pasado tiveron buen rollo (?!).
Cumplida a liturxia fotográfica, retornamos ao Galaripos e pouco despois subimos andando con paso firme ao restaurante Río Sor, saudando varios ao chegar ao titular do establecemento, Orlando, pola recentísima perda da súa muller, Mariluz, alma do Río Sor pola súa eterna sonrisa.
![]() |
No Río Sor (Foto Antonio) |
![]() |
No Río Sor (Foto Antonio) |
![]() |
Fin de festa no Galaripos (Foto XMª Torres) |
![]() |
Programa oficial do evento |
Pero entre cervexas, gintonics e similares, algo de baile –Nano destacaba, tal vez por que se decidiu, nesta ocasión, a catar bebidas espirituosas- e Xosé Mª Torres uníase, mentres Jose Carlos Losada e Lolita vixiaban o panorama por se había que acudir en auxilio de Mary Camiña que momentaneamente abandonara o seu báculo; tamén bailaban Celia, María José, Lourdes, Amalia...
Pero a noite avanzaba e algunhas unidades ían marchando: Maricén, Ana Escudero, María e Rafael, Marta, Loli Torres, Fina... mentras un grupo de irreductibles: José Luis, Moncho, Sebo, Alfonso, Ricardo, José María Noguerol e Paloma… analizaban a actualidade e recordaban anécdotas mentras trasegaban -Ana, pónnos otra!- algún brebaxe para refrescar a calor da noite ortegana.
Pero a noite avanzaba e algunhas unidades ían marchando: Maricén, Ana Escudero, María e Rafael, Marta, Loli Torres, Fina... mentras un grupo de irreductibles: José Luis, Moncho, Sebo, Alfonso, Ricardo, José María Noguerol e Paloma… analizaban a actualidade e recordaban anécdotas mentras trasegaban -Ana, pónnos otra!- algún brebaxe para refrescar a calor da noite ortegana.
Agardamos ata o final. Eran as 4, tocaron retirada, e dixemos felices e contentos: que nos quiten lo bailao!
---
---