lunes, 20 de agosto de 2018

Celebración dos nacidos en 1958. Sesenta anos despois, aquí estamos!

Grupo oficial dos celebrantes
(Foto Francisco Bouza)
  No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
  q
uen poidera namorala!
         meu amigo!
  
A voz vibrante de Antonio Carrodeguas saía do Galaripos enchendo na madrugada do pasado sábado, 18 de agosto, o Cantón coa música de Luís Emilio Batallán ("Aí ven o maio", 1975) e coa letra da poesía neotrovadoresca de Álvaro Cunqueiro –efímero ortigueirés-. Pero vaiamos ao principio.
Convocados con procedimientos máis informais que na celebración dos 50, alá por 2008, un grupo de orteganos reunímonos para pasar un rato agradable, reirnos dos nosos males e para criticar ao goberno, como dicían Tip e Coll. O programa marcaba como punto de reunión a praza de Isabel II, ao lado das escaleiras míticas da Igrexa, ás 8 da tardepero chegaban ao grupo de guasap mensaxes de que algúns (Lourdes e Ricardo) irían directamente ao restaurante, que outros aínda regresaban dun paseo por Morouzos (Loli Torres e Nano), mentres Fina  pedía confirmación da hora... co que por aclamación se retrasou o comenzo ata as 9.
Grupo de cumplidores e parellas.
(Foto: Francisco Bouza)
No Galaripos (Foto: Toñito)
E alí estaban a esa hora, sentados nas mesas exteriores do Galaripos xa a mitade do grupo. Sentados, si, que xa vamos polos 60 anos e as pernas pesan. Un grupo, claro, menos numeroso que en 2008; se daquela éramos 30 -máis 19 acompañantes- no rito da celebración que promovera Enrique Caula en 1967, nesta ocasión acudimos 21 -máis 8 acompañantes- pero con ánimo decididoAlí estaba Luvi Beceiro que en 2008 non puidera asistir polo tráxico e mortal accidente de Francisco, o seu marido. Tamén acudiu como novidade a cumplidora Carmen, co seu marido Sebo da Sala de Festas, decano por idade dos alí reunidos.
No Galaripos (Foto Toñito)
Fagamos diagnóstico de caras e anatomías: estado xeral bo, incluso moi bo! Xa a parte masculina canosa, como a perilla de José Luis Fojo e algunha alopecia nada disimulada, como a de Santiago Sierra; mentras as representantes femeninas, sempre moi lucidas e estilosas, con Mary Camiña como única con pelo branco

foto de grupo foi efectuada por un espontáneo -Francisco Bouza Buceta- que paseaba por alí, e que tal vez puidera unirse ao noso grupo, o dos nacidos en 1958, do que se librou só por nacer 16 días despois. Primeiro a foto dos celebrantes, e despois tamén cos acompañantes... nas que non puideron entrar Lourdes Ricardo, nin Patropero sí Alfonso Bouza e Amalia, que a pesar da lonxanía da súa casa (?!) chegaron a tempo in extremis. Todo baixo a atenta e respectuosa mirada do grupo dos que celebraban -se se pode dicir así- o seu 51 cumpreanos, acuartelados na zona superior da praza, nos dominios do Pub Paralaia, onde aínda resonaban os acordes de inspiración céltica de Harmonica Creams, o fenomenal grupo xaponés que marabillou no concerto do día anterior. Celebrar os 51Buenosinal de que o ano pasado tiveron buen rollo (?!).
No Galaripos (Foto Toñito)

Cumplida a liturxia fotográfica, retornamos ao Galaripos e pouco despois subimos andando con paso firme ao restaurante Río Sor, saudando varios ao chegar ao titular do establecemento, Orlando, pola recentísima perda da súa muller, Mariluz, alma do Río Sor pola súa eterna sonrisa. 
No Río Sor (Foto Antonio)
Na longa mesa disposta situámonos tal cual íamos chegando, e compartimos o menú: salpicón e brocheta de langostinos (substituído por polbo á feira para unha alérxica ao glute) e logo o maioritario rape, eficazmente analizado o seu ADN polos de Espasante e tal vez polos asentados en Cariño. Uns poucos optaron polo entrecot, que non se diga que non lle podemos meter o dente nunha cea. Ribeiro e Rioja a discreción. Nos postres, Antonio -observado pola súa inseparable Marta P. Ojea- dirixiu unha breve alocución ponderando o evento, e felicitándose de que todos os que cumpriran 50 en 2008 seguían por este mundo. Todos os que cumpriran, sí... porque dos acompañantes xa non está entre nós o poblado mostacho e a sonrisa franca de Antonio Sánchez, o marido de Marta García-Armero.
No Río Sor (Foto Antonio)
Pouco quedou da comida, servida –tras un retraso inicial- con axilidade por Nina, a camareira brasileira, polo que tras o postre algún café -cuidado coa hipertensión- máis algún chupito furtivo rematamos o condumio tras pasar por caixa, depositando en Marta o labor contable e de pagamento. Porque sí, de hipertensión doutros achaques fomos falando na cea, refección que ten a vantaxe de non ser momento habitual de consumo de medicamentos, o que nos libera da ingrata imaxe de levar as pastilliñas (colesterol, hipertensión, azucre...) que todos tomamos polas mañás; ha ha! pois sí, pero aquí estamos!.
Fin de festa no Galaripos
(Foto XMª Torres)
Trasladados ao Galaripos, alí tiña montado xa Antonio -coa autorización de Toñito- o amplificador e equipo de música, atacando a guitarra aos poucos momentos de chegar, cando debían ser xa a unha da madrugada. Agradables sons sesenteiros -incluído o clásico "Que pasará, que misteriohabrá, de Raphael, que aínda triunfa en calquer celebración- que animaron a cantar a máis da mitade do grupo; outros, menos animados, ocuparon sendas mesas no exterior das que non se moveron en toda a noite, nin bailaron despois a música discotequeira con que nos amenizou Toñito cando o repertorio e a voz de Antonio comezou a flaquear.
Programa oficial do evento
Pero entre cervexas, gintonics e similares, algo de baile –Nano destacaba, tal vez por que se decidiu, nesta ocasión, a catar bebidas espirituosas- e Xosé Mª Torres uníase, mentres Jose Carlos Losada e Lolita vixiaban o panorama por se había que acudir en auxilio de Mary Camiña que momentaneamente abandonara o seu báculo; tamén bailaban CeliaMaría José, Lourdes, Amalia... 

Pero a noite avanzaba e algunhas unidades ían marchando: Maricén, Ana Escudero, María e Rafael, Marta, Loli Torres, Fina... mentras un grupo de irreductibles: José Luis, Moncho, Sebo, Alfonso, Ricardo, José María Noguerol e Paloma… analizaban a actualidade e recordaban anécdotas mentras trasegaban -Ana, pónnos otra!- algún brebaxe para refrescar a calor da noite ortegana.
Agardamos ata o final. Eran as 4, tocaron retirada, e dixemos felices e contentos: que nos quiten lo bailao!

---




No hay comentarios:

La crisis del fentanilo en EE. UU.

El fentanilo es un fármaco analgésico derivado del opio. En los últimos años, su uso ilegal y su alto poder adictivo está conduciendo en EE...